(ABAIXO FILME COMPLETO)  

Na “Escola Aberta de Arte” de Ferrol (Galiza), un grupo de nenos de entre seis e doce anos está teorizando sobre a Arte coa axuda da súa mestra; moi atinadamente, un dos alumnos conclúe: “a Arte serve para ve-las cousas doutra maneira”.

fotomatisse1

“Matisse se escribe con dos eses” é un retrato da nenez a través dunha escola de arte. Nela, uns cativos chamados Afilalápices, Matisse, Paleta, Engrudo e Giotto, entre outros, realizan actividades como pintar do natural, facer collage, adaptar cadros famosos, visitas a museos… todo esto mentres medran, aprenden a relacionarse e buscan o seu lugar no mundo.

En definitiva, este documental reflicte un microcosmos onde se ven os medos, alegrías, frustracións e contradiccións que tódolos seres humanos temos.

Descargar Dossier de Prensa

 

Twitter Facebook Vimeo LinkedIn