Nado en Galiza, Alberto Lobelle dirixe e produce “Matisse se escribe con dos eses” (2011), seleccionada no Aljazeera I.D.F.F. entre outros festivais. “Den Pobedy: Día da Vitoria” (2015), un filme con metraxe atopada, ten a súa estrea no FIDMarseille. “Paisaxes da Capelada” (2017) gaña o Premio á Mellor Fotografía en DocumentaMadrid. En 2019 e 2020 traballa como director na serie de televisión “El secreto de Puente Viejo”.
“Pico Sacro”, un traballo inspirado nas vistas do monte Fuji de Hokusai e nos cadros de Cézanne da montaña Sainte-Victoire, gañou o Premio a Mellor Filme en CineMística 2024.

